Mundos Dixitais revalida a súa aposta coas tecnoloxías audiovisuais

Un dos produtores de Star Wars participará nesta edición do encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O vindeiro 6 de xullo comeza unha nova edición do festival Mundos Dixitais, un encontro especializado en novas tecnoloxías audiovisuais. Como é habitual, a organización acaba de dar a coñecer un dos reclamos de cada edición, que este ano recae en Terrence Masson, o director de Creative Industries da Northeastern University, coñecido por ser un dos produtores de filmes como Star Wars, Hook ou Entrevista co vampiro. A cita, que terá lugar entre o 6 e o 9 de xullo, acaba de abrir o prazo de presentación de solicitudes do certame de curtametraxes de animación.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación

Claves

Conceptos