O encontro internacional Mundos Dixitais celebrará en xuño unha nova edición dedicada aos videoxogos na Coruña

Videoxogos herculinos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Mundos Dixitais, o xa habitual encontro dedicado ás aplicacións das tecnoloxías informáticas a campos coma animación ou os efectos especiais centrará este ano a súa atención no campo dos videoxogos. Do vinte e cinco de xuño ao dous de xullo A Coruña acollerá este evento que contará coa presenza de representantes dos máis destacados produtores de xogos para computador do mundo. Membros de Pyro Studios, XBox, Gameloft ou Sony participarán no encontro onde se poderán coñecer as últimas tendencias neste campo. Ademais, haberá dispoñible unha zona de xogos permanente que estará a disposición dos visitantes.

Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Animación, Galicia Hoxe, Culturagalega

Claves

Conceptos
Lugares