O proxecto Tinta de Lura busca novos xeitos de se achegar á poesía

Camisetas con versos son a primeira proposta desta iniciativa

28/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Deseño de Tinta de Lura sobre un texto de Lois Pereiro

Buscar un novo xeito de achegar a poesía á xente. Esta é a premisa coa que nace Tinta de Lura, unha proposta que pretende encher o país de camisetas nas que versos de Lois Pereiro, Rosalía de Castro ou O Leo se mesturan con vistosos deseños. Malia a que a iniciativa estará xa presente no vindeiro encontro cultural Achegarte, na Coruña, será para o mes de maio cando se faga a presentación oficial. Para alén de camisetas literarias e outros soportes novidosos para a nosa creación, o proxecto quere crear un web no que estes produtos se relacionen cos correspondentes discos ou libros, así como crear unha completa axenda cultural que lle preste especial atención á cultura de base.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Lois Pereiro, Rosalía de Castro, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares