Tres títulos editados en Galicia entran na lista White Ravens

Xerais, Kalandraka e OQO introducen cadansúa obra entre nos libros mellor editados de 2011

Pinto e Chinto, cos Contos para nenos que dormen deseguida que editou Kalandraka e mais Marcos Calveiro, con O pintor do sombreiro de malvas (Xerais) son os únicos autores galegos que entraron prestixiosa lista White Ravens deste ano de libros mellor editados. Canda a eles, Caja de cartón de Txabi Arnal e Hassan Amekan, editada por OQO, entrou tamén nesta lista entre as obras editadas en castelán. A lista, elaborada pola Biblioteca de Múnich, é unha referencia internacional na Literatura Infantil e Xuvenil.