O Festival Mozart ábrese ao ballet nunha edición marcada polo recorte orzamentario

Un cento de coralistas participarán no Carmina Burana de Carl Orff, que abre a programación

21/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A coñecida obra Carmina Burana de Carl Orff abrirá o vindeiro 7 de maio unha nova edición do Festival Mozart. Será un concerto especial porque a Orquestra Sinfónica de Galicia dirixirá a máis dun cento de coralistas populares que levan ensaiando desde o pasado mes de xaneiro. O Festival Mozart está este ano está marcado polo recorte orzamentario e a crise económica, aínda que o xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Oriol Ponsa, non quixo ofrecer cifras exactas. Con todo, o programa mantense fiel á súa orixe operística e mantén programación deste xénero, entre as que destaca O Superbarbeiro de Sevilla, unha versión infantil feita por El Tricicle. Ademais, haberá seis ciclos que sosteñen o resto da programación: Grandes Concertos, En escena, Múica de Cámara , o Festival na Academia (en colaboración coa, o Festival no Mar e o Festival Exprés. Entre as novidades, destaca a incorporación dun ballet á programación. Será un clásico, O lago dos cisnes de Chaikovski, da man do ballet de Ángel Corella. O encontro desenvolverase ata o 25 de xuño.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Festival Mozart, Orquestra Sinfónica de Galicia, Xénero...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares