O festival de música Are More presenta o programa da súa décima edición

A crise leva a concentrar as actividades na última semana de novembro

29/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: músicapoliticas culturaisespectaculos
21 lecturas | Compartido 0 veces

A celebración do décimo aniversario do festival de música clásica chega nun momento de crise económica que obriga á contención do gasto e que tradúcese na concentración de todo o programa en sete días entre o 21 e o 28 de novembro, tal e como afirmou o Tenente de Alcalde, Santi Dominguez, na presentación do evento. O festival abrirao o recital da soprano Jennifer Larmore, que tamén actuara na primeira edición desta cita viguesa coa música. O programa deste ano ofrece de novo os recitais para bebés ademais dun curso de iniciación á musica para maiores de 55 anos. O director do festival, Roberto Relova, destacou como pratos fortes do programa a representación da obra de Carl Orff "Carmina Burana" o domingo 22 de novembro e os concertos para escolares, que nesta ocasión representarán a obra de Mozart "A Frauta Máxica" os días 23 e 24 de novembro no teatro Salesianos. Neste sentido Relova subliñou que “dos máis de 600.000 espectadores totais destes dez anos de festival, máis de 100.000 teñen sido escolares.” O festival sacará por vez primeira os concertos ata zonas comerciais e mercados da cidade, mentres que no Verbum haberá proxeccións de cine mudo con acompañamento musical en directo.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Cine, Teatro, Verbum

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos