
A proposta continuará o 7 de decembro cunha actuación da Unión de Guláns en colaboración co grupo de teatro Todos Xuntos para presentar o espectáculo MIB: Músicos in Black. Esta montaxe escénica e sonora narra en clave de humor a aterraxe duns alienÃxenas nunha aldea galega.
O 14 de decembro marcará o final desta primeira edición de Viraxes coa actuación conxunta da Unión Musical de Meaño e da compañÃa de novo circo Pistacatro no espectáculo Orquestra Malabares, que combina o labor de seis malabaristas co traballo da banda.
Os tres espectáculos presentes no ciclo foron galardoados na convocatoria dos premios Innova, promovida en 2019 pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para fomentar a experimentación e innovación no eido musical.