O Padroado da Fundación Cidade da Cultura adía a 2013 a creación do Centro da Música

A xuntanza acordou crear un departamento para xestionar a programación do complexo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

Xa estaba anunciado polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, pero non se fixo efectivo ata onte, no marco dunha xuntanza do padroado da Fundación Cidade da Cultura. O edificio central do complexo do monte Gaiás, o que estaba previsto que fose Centro da Música, non se construirá ata 2013, como mínimo. A situación económica é a causa esgrimida polo padroado para ese adiamento que afecta ao edificio máis caro e polémico de todo o conxunto. Este centro foi concibido inicialmente como un Teatro da Ópera, logo o bipartito transformou nun auditorio chamado Escenario Obradoiro, e hoxe defínese como Centro da Música. Na xuntanza tamén se acordou a creación dun departamento que xestione a programación do complexo.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Ópera, Teatro, Obradoiro...