Galicia perdeu 450.000 espectadores de cinema en 2010

A asistencia volta baixar logo do ascenso de 2009 e sitúase nos niveis de 1994

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Histórico de espectadores de cinema. Fonte: Observatorio da Cultura Ministerio de Cultura. Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales

Histórico de espectadores de cinema. Fonte: Observatorio da Cultura Ministerio de Cultura. Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales

O pulo dos filmes 3D deixou de se notar na asistencia ás salas galegas de cinema. Se en 2009 se dera un lixeiro incremento na venda de entradas, atribuíble a este fenómeno, en 2010 perdéronse 450.000 espectadores no noso país. Así o revela a explotación que realizou o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega de datos do Instituto da Cinematografía y de las Artes Audiovisuales. A cifra supón un descenso de espectadores o 11% interanual, moi superior á perda dun 7,5% que se deu no Estado de media. A nivel de recadación, no entanto, os 24,5 millóns de euros que se obtiveron este ano son só 2% menos que en 2009, o que se explica polo incremento no prezo da entradas, que quedaron en 6,62 euros de media no noso país.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O cinema perde fol

O cinema perde fol

A baixa no número de espectadores sitúanos nos últimos postos do Estado en asistencia a salas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega, Medios de comunicación