Importante presenza galega no Festival de Videoarte Latina de Nova York

A cita terá lugar do 24 ao 27 de marzo no Centro Rei Juan Carlos I da universidade desa cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A comunidade de artistas latinos ten unha cita importante coa videocreación do 24 a 27 de marzo no Centro Rei Juan Carlos I da Universidade de Nova York. É as datas nas que se desenvolve Region O, o festival de videoarte latina de Nova York. Un encontro que ten unha importante presenza galega por dúas bandas. Dun lado, a comisaria e encargada da selección das pezas é a galega Eva Mendoza Chandas e, polo outro, que varios artistas do noso país figuran na lista de convidados. Féliz Fernández, Vicente Blanco, Mal Caldas ou Lois Patiño son os nomes galegos presentes nun encontro que representa as tendencias actuais da creación audiovisual.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Vicente Blanco, Lois Patiño, Caldas

Claves

Lugares