A música Cristina Pato ocupará a cátedra de Cultura Española da Universidade de Nova York

Abordará a cuestión das músicas invisibles do norte España ao longo do vindeiro curso

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A música Cristina Pato ocupará a cátedra de Cultura Española da Universidade de Nova York

A Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na Universidade de Nova York (NYU) será ocupada ao longo do vindeiro curso pola música e gaiteira galega Cristina Pato. Así o anunciaba o Centro Rei Juan Carlos I de España, reponsable deste posto que naceu en 1983 e que ocuparon anteriormente diferentes persoeiros "especialistas na historia, política, economía ou cultura de España", segundo explica o centro, como Juan Goytisolo, Claudio Guillén, Francisco Ayala, Estrella de Diego ou Antonio Muñoz Molina.

Pato, ao igual que os seus antecesores, coordinará un programa académico dun ano de duración e desenvolverá o seu propio traballo de investigación. En concreto, organizará e presentará unha serie de conferencias e eventos públicos ao longo do vindeiro outono combinados cunha clase multidisciplinar sobre as músicas invisibles do norte de España na primavera de 2020. A galega é a primeira responsable do posto que provén do mundo da música.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cristina Pato, Nova York, Economía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares