O CGAI celebra o seu vinte aniversario cun ciclo especial de proxeccións cinematográficas

Esta programado o visionado de Todos vós sodes capitáns e inéditos de Galicia no NO-DO

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Ten 3.000 copias en soporte cinematográfico, 7.500 DVD, unhas 10.000 fotografías e unha pequena sala (110 butacas) na que programa máis de 300 sesións ao ano. Son algunhas das cifras do Centro Galego de Artes da Imaxe que cumpre neste 2011 dúas décadas de vida. Do 15 ao 18 de marzo celebrará a efeméride cun ciclo especial de proxeccións que inclúe a estrea de Todos vós sodes capitáns de Ólive Laxe, premiada en Cannes, así como imaxes inéditas de Galicia no NO-DO. O CGAI continuará neste 2011 coa actividade de estender a súa programación fóra da súa sede da Coruña, con ciclos en Santiago, Vigo, Lugo e Ourense.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, DVD, Centro Galego de Artes da Imaxe, Ourense...