A rehabilitación do retablo da igrexa de Zarracós, premiado co Francisco de Moure

O colectivo que concede o galardón amosou a súa preocupación polo escaso apoio institucional

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Foron os veciños os que xuntaron os 26.267 euros que precisaban para recuperar o retablo da súa igrexa parroquial, a de San Andrés de Zarracós (A Merca, Ourense). O seu esforzo acaba de ter recompensa ao ser ser galardoado co premio Francisco de Moure, que concede un colectivo de amantes e estudosos da arte ourensá que recoñece o esforzo en pro do patrimonio. Nesa xuntanza, o colectivo aproveitou para amosar a súa preocupación pola falta de apoios institucionais para “salvagardar, restaurar e promover o patrimonio”. Puxeron como exemplo a situación de San Francisco, a Catedral ourensá, a Ribeira Sacra, así como a igrexa do Carballiño.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ourense, Carballiño, Ribeira Sacra

Claves

Conceptos