Os escritores anuncian os finalistas aos seus premios

A AELG dará a coñecer o 30 de abril os gañadores da XIV edición dos galardóns

Os premios AELG 2011 xa teñen finalistas. A Asociación de Escritores facía pública esta mañá a lista de candidatos á XIV edición dos seus galardóns, que se resolverán na noite do 30 de abril. Na mesma data, outorgaráselle o premio á divulgación da literatura galega á Fundación Penzol e mais o Premio AELG 2011 “Escritor Galego Universal”, que vai para Antonio Gamoneda.

Finalistas ao XIV Premios AELG

Blog Literario
1.Ferradura en tránsito (http://xmeyre.blogaliza.org/) , de Xosé Manuel Eyré
2.O levantador de minas (http://olevantadordeminas.blogaliza.org/), de Alfredo Ferreiro
3.Trafegando ronseis (http://trafegandoronseis.blogspot.com/), de Gracia Santorum e Xosé Anxo Fernández Alonso

Ensaio
1.A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana, de Carlos Paulo Martínez Pereiro
2.Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero, de Manuel Castelao
3.O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro

Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)
1.Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto
2.O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro
3.O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro
4.Suso Espada. "Nota Roja", de Francisco X. Fernández Naval

Mellor traxectoria en xornalismo cultural 2010 (AELG-Colexio de Xornalistas)
1.Anxo Tarrío
2.Daniel Salgado
3.Fran P. Lorenzo
4.Iago Martínez
5.Ramón Nicolás

Narrativa
1.O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre
2.Obediencia, de Antón Lopo
3.Periferia, de Iolanda Zúñiga
4.Settecento, de Marcos Calveiro
5.Todo é silencio, de Manuel Rivas
6.Xuvia-Neda, de Vicente Araguas

Poesía
1.Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval
2.Estremas, de Ana Romaní
3.Retro(visor), de Antía Otero

Teatro
1.Canibalismo, de Marcos Abalde Covelo
2.Cínicas, de Teresa Moure
3.Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo

Tradución
1.Bilbao-New York-Bilbao (Kirmen Uribe), na versión de Isaac Xubín
2.Lóbrego Romance. Pálida Pantasma. As Lendas Espectrais de Malvadia (Jack Mircala), por Isabel Soto
3.Randea do alento (Herta Müller), de Marga do Val