Onte publicabamos a denuncia feita polo PSOE de Ribeira relativa á desaparición dun petróglifo non catalogado na parroquia de Ribeira, na zona das obras de construción dunha operadora. O petróglifo, adscrito popularmente á Idade Media, estaba ubicado na coñecida Pedra de Santiago, un punto de especial relevancia no folclore vinculado ao asolagamento da mÃtica cidade de Valverde, na Lagoa de Carregal. Segundo informa La Voz de Galicia, o concelleiro da parroquia de Corrubedo, Manuel Brión Gago (PP) visitou a zona e cos obreiros da empresa desenterrou o petróglifo, que ficara baixo unha capa de terra durante as obras de construción da depuradora.