Un cortalumes podería ter danado outro petróglifo en Oia

Patrimonio paraliza un novo cortalumes de Medio Rural

28/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
19 lecturas | Compartido 0 veces

Continúan as agresións a Patrimonio resultado da apertura de cortalumes para o verán. Desta volta, Patrimonio tivo que paralizar a apertura dunha gabia cortalumes que Medio Rural estaba realizando nos montes de Gondomar, xa que estaba actuando nas proximidades do petróglifo de Os Vermús, na parroquia de Vincios (Gondomar), que está integrado no importante complexo arqueolóxico de Auga da Laxe. As obras non foran autorizadas por Patrimonio. Os técnicos de Patrimonio e os de Medio Rural estudarán o xeito de facer compatible a infraestrutura de protección do lume coa protección destes depósitos prehistóricos.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medio Rural, Oia, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares