O audiovisual galego prepara mobilizacións contra a política da Xunta

Diferentes colectivos do sector agrúpanse co lema Somos patrimonio galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Unha plataforma agrupará os diferentes colectivos do audiovisual e mais do teatro para reivindicar novas políticas públicas para estes sectores. Segundo adiantou esta fin de semana Galicia Hoxe, os profesionais do sector presentarán o vindeiro 4 de marzo esta nova entidade, que solicitará unha entrevista co presidente da Xunta para reclamarlle unha serie de medidas urxentes entre as que está o investimento de 17 millóns de euros, dos que sete sairían da Consellaría de Cultura e dez da Televisión de Galicia. Canda á publicación dun manifesto, os membros do sector barallan levar ás súas reivindicacións ás galas dos Premios Meste Mateo e María Casares ou mesmo se fechar na catedral. O lema destas reinvidicaións é Somos patrimonio galego.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Manifesto, Teatro, Catedral...