Só dous títulos galegos entre os mellores de 2010 de Entrecómics

Stratos e Retranca quedaron como segunda e terceira mellor BD en lingua distinta ao castelán

18/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
47 lecturas | Compartido 0 veces
Os premios ao mellor de 2010 que votan os afeccionados no web Entrecómics non recollen como gañador ningún dos títulos da BD galega do pasado ano. Unicamente na categoría Mellor cómic en lingua diferente ao castelán atopamos empatados no segundo posto a edición de El Patito de Stratos de Miguelanxo Prado e mais a revista Retranca, que non obtiveron en cada caso máis de seis votos cada un, fronte aos dez do gañador.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos