A música en galego dase cita no foro Percebe Son

Artistas e divulgadores como Xurxo Souto, Sergio Lago ou Xocas López participan no evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A música en galego dase cita no foro Percebe Son

O IES Audiovisual de Vigo acolle Percebe Son, un foro dedicado á música en galego que se celebra hoxe. O encontro inclúe un coloquio no que participan Xurxo Souto, a rapeira Aíd, Tonhito de Poi, Sergio Lago (de toupa.net), e Xocas López, da empresa de xestión cultural Eme2 e batería de The Homens. Ademais, desde o propio evento retransmitirase o programa Planeta Furancho e celebraranse actividades de Galeoke, billarda e proxeccións de videoclips. Un concerto acústico de Ataque Escampe e outro a cargo de Som do Galpom, Terbutalina e Marxe Eskerda completarán a xornada.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Souto, Xocas, Terbutalina, Vigo

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares