Unha exposición recolle a historia de galegos que participaron na guerra de Filipinas

Os últimos de Filipinas en Muxía

| Santiago.Redaccion | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

A Casa da Cultura de Muxía ven de inaugurar a exposición Os rostros do mito, que organiza a Deputación de A Coruña e amosa a historia do Destacamento de Baler, os chamados "Últimos de Filipinas" que loitaron na guerra colonial entre EEUU e España a finais do pasado século. Entre os tres supervivintes dese destacamento atopábanse tres galegos, dos que se recolle a historia nesta mostra.

Contido da mostra


Os rostros do mito consta dunha serie de paneis informativos ilustrados con fotografías e debuxos que permiten coñecer diferentes aspectos do destacamento e os feitos concretos que levaron a que a súa loita pasase a ser cantada como unha heroicidade en España. Ademais ofrécense datos sobre as propias illas Filipinas e detalles da guerra.



Os supervivintes


Dentro da mostra préstase especial atención ó destino dos 33 supervivintes do asedio que sufriu o destacamento durante varios meses de 1898. Entre eles atopábase un soldado da provincia da Coruña, un de Lugo e un de Ourense. En Muxía preséntansenos detalles sobre a súa repatriación, datos biográficos e o impacto que causou o seu caso en España.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A obra enmascarada

A obra enmascarada

A publicación das cartas entre Ricard Salvat e Luís Seoane amosan unha historia fascinante nas orixes do teatro galego contemporáneo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Muxía, A Coruña, Casa da Cultura...