Neste Día Mundial do Teatro traemos unha prodixiosa historia. En 1969, nos turbulentos anos finais da ditadura portuguesa, o dramaturgo catalán Ricard Salvat e un grupo de ilusionados estudantes tentaron estrear en Coímbra unha ambiciosa obra que, a través da vida de Castelao e doutros creadores galegos e ibéricos, denunciara a guerra colonial que asolaba Portugal. Para iso contaron coa axuda de destacados intelectuais galegos do momento. A censura e a policía secreta frearon a estrea e a obra nunca se representou e perdeuse durante moitos anos. Porén, continuou na cidade, camuflada na súa tradición musical ata hoxe. O Consello da Cultura Galega publica agora o epistolario cruzado entre Ricard Salvat e o artista Luís Seoane, composto na súa maioría por cartas nas que preparan a montaxe desta ambiciosa obra. Toda unha novelesca historia de arte, amizade, rebeldía e puro século XX.
Quen asista hoxe en día a un espectáculo de fado en Coímbra é máis que posible que poida escoitar un dos temas máis enraizados na tradición musical desta cidade universitaria portuguesa, o Cantar de Emigração.
Esta coñecida peza, da que os cantautores e fadistas portugueses teñen feito moitas versións, comeza así:
Este parte, aquele parte
e todos, todos se vão
Galiza ficas sem homens
que possam cortar teu pão
Se o texto lle soa, está no certo: é unha versión do poema "Para a Habana!" do poemario Follas Novas de Rosalía de Castro. En 1969 un estudante de Medicina, José Niza, musicou este e outros poemas de Rosalía, xunto cos doutros autores como Curros Enríquez, para un abraiante espectáculo teatral que nunca se chegou a estrear. De feito, o seu director, Ricard Salvat, un xa de aquela moi coñecido dramaturgo catalán e referencia do teatro ibérico durante os 70 e os 80, foi detido de madrugada no seu domicilio o 23 de abril pola PIDE, a policía secreta do Estado novo portugués. Ese día estaba prevista a estrea da obra. Salvat foi deportado inmediatamente do país, e a obra de teatro, inédita e sen representar, pasou a ser unha obra 'pantasma' conservada na memoria dos estudantes da convulsa Coímbra de 1969.
O espectáculo chamábase Castelao e a sua época (en portugués), contiña textos de Castelao, o Padre Sarmiento, Rosalía de Castro, André Bretón, Manuel María, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Salvador Espriu, Teixeira de Pascoaes entre moitos outros escritores e era un alegato teatral contra as guerras coloniais, e na defensa dos vínculos entre Galicia, Portugal, e as culturas ibéricas. Dito doutro xeito: unha carga de profundidade no difícil e axitado contexto do Estado novo, a ditadura portuguesa. A censura militar impediu a representación, pero os estudantes que participaran nos ensaios levaron as cancións compostas para o espectáculo aos bares de Coímbra. E o poema de Rosalía de Castro, escrito para denunciar a emigración galega a América, cobrou un novo significado nas voces dos estudantes portugueses.
Portugal estaba inmerso nas sanguentas guerras coloniais en África e os estudantes debían ingresar no exército para seren enviados a Angola, Guinea-Bisáu ou Mozambique unha vez rematada a carreira. Os versos de Rosalía sobre Galicia pasaron de denunciar o drama da emigración galega a Cuba a representar, a finais dos 60, a angustia dos mozos portugueses ante a obriga de marchar á guerra. Converteuse nun símbolo: durante unha protesta na que a policía da ditadura detivo a varios líderes universitarios, os estudantes coreárona a berros por detrás mentres levaban os compañeiros. A obra teatral nunca representada desapareceu, pero as súas melodías e cancións perviviron. E así foi ata 2017.
O achado dos mecanoscritos
"Toda esta historia parece unha película", afirma Antonio Iglesias, autor da tese Ricard Salvat en Portugal: Brecht, Castelao e a súa época e censura,"e non só a historia en si mesma, senón como chego eu a ela". Iglesias conseguiu recuperar tres versións dunha obra que ata o momento estivera perdida, e que se convertera case nun mito da resistencia política e cultural contra o salazarismo, e con elas realizou un estudo crítico que se detén no contexto da obra, nas conexións galegas de Salvat e na edición dos orixinais."Tras rematar Filoloxía galega na Coruña, fun facer estudos artísticos a Coímbra. Acudín á festa do cincuenta aniversario do Círculo de Iniciação Teatral da Academia de Coimbra (CITAC), unha prestixiosa estrutura cultural da cidade. E alí alguén me sinala a un home maior e me di que se trata de Ricard Salvat. Eu, que estaba moi interesado no teatro e son moi cunqueiriano, achegueime alí, porque Ricard Salvat dirixira O incerto señor don Hamlet no Centro Dramático Galego. Resulta que o meu amigo me gastara unha broma. Aquel señor non era Ricard Salvat. Chamábase João Viegas. Porén, era un membro histórico daquel colectivo teatral e resulta que traballara con Salvat. Díxome que con el fixeran a mellor obra de teatro nunca preparada polo grupo: Castelao e a sua época, pero que nunca se chegara a representar. Eu automaticamente saltei abraiado, e el contoume que cando a policía política entrou no CITAC entre 1969 e 1970 saqueara e baleirara os arquivos, e a peza se perdera".
A partir de aí, Antonio Iglesias comezou a tirar de fíos, e a través de sorprendentes conexións persoais, acabou por atopar tres copias mecanoscritas deste texto mítico que tentara explicar os soños políticos do iberismo a partir de Galicia. A primeira localizouna en Barcelona. A segunda, nos arquivos da policía secreta portuguesa, hoxe conservados na Torre do Tombo en Lisboa, cheos de anotacións da censura. A terceira copia localizouna en propiedade do músico que musicara a obra, José Niza, pouco antes de el morrer.
Ricard Salvat e Galicia
O dramaturgo catalán Ricard Salvat. Foto: Fundació Ricard Salvat
Ricard Salvat non tiña ningún vínculo familiar con Galicia. Pero en 1958 viaxou a impartir un curso de teatro a un albergue da comarca de Betanzos. No interior da vivenda dun taberneiro quedou impresionado por unha figuriña de cerámica que reproducía un home vestido de negro e encorvado. Era unha imaxe de Castelao producida pola Cerámica Celta de Cesures.
"Desde 1950 algúns fogares galegos gardábana con orgullo, era unha icona semiclandestina", explíca Xesús Alonso Montero nun libro sobre a relación entre Salvat e o teatro galego. Pero Salvat sospeitaba que podía representar a Castelao, e cando llo consultou ao dono este púxose moi nervioso. Cando o dramaturgo volveu ao cabo duns días cun amigo para comprobalo, o taberneiro agochara a figura de Castelao nun armario.
Pero Ricard Salvat coñecerá a Xesús Alonso Montero en 1962, durante un congreso en Moscú. Alonso Montero era militante do Partido Comunista, pero Salvat era un"compañeiro de viaxe". Nas visitas culturais desa viaxe por Rusia, Alonso Montero e Salvat fixéronse amigos, foron establecendo diferentes colaboracións culturais e a través desta canle, Salvat coñeceu a obra teatral de Castelao, Os vellos non deben de namorarse, pola que sempre estivo interesado. Cando o dramaturgo foi contratado como director teatral polo CITAC de Coímbra levou a Portugal a obra de Bertolt Brecht, da que era un gran especialista, e ten intención de achegarse tamén a Os vellos non deben de namorarse.
Castelao na súa época, unha"obra total"
Ensaios de Castelao na sua época. Arquivo de Carlos Valente. Centro de Documentação 25 de Abril, Universidade de Coimbra
Pero o proxecto comezará a dar pasos para adiante."Salvat quere unha linguaxe propia, ser un gran director europeo. El está fascinado polo traballo de Brecht, e quere facer un teatro épico e "documental", afirma Antonio Iglesias. Así que pasa da idea inicial de Os vellos a un espectáculo con 142 paratextos no que se incorporan, canda o propio Castelao, moitos outros autores galegos, pero tamén casteláns, cataláns e mesmo André Breton. "Non podemos deixar de sospeitar que na cabeza do dramaturgo rondaba xa a idea dunha peza de teatro ao estilo dunha que escribira en Cataluña, Adrià Gual i la seva época". Dentro de Castelao na súa época había textos poéticos de Rosalía de Castro, pezas dramáticas de Manuel María e o propio Castelao, textos en prosa do Sempre en Galiza ou de Unamuno ou "mesmo estatísticas e informes". Os estudantes implicáronse tanto que renunciaron ás vacacións de Semana Santa para prepararen a obra. "Ensaiaban as cancións e os textos e logo ían tomar unhas cervexas", conta Antonio Iglesias, "e ao seguir cantando esas cancións acabaron por pasar á comunidade universitaria. A quen tivo máis éxito foi a de Rosalía de Castro. Durante a crise académica de 1969, ao deter aos líderes universitarios, estes van ser acompañados por unha manifestación de estudantes que corean, adaptada, a cación de Rosalía".

Por se era preciso engadir algún outro capítulo novelesco a esta historia, Castelao e a sua época amósanos os camiños entrecruzados da historia europea do século XX. Ricard Salvat contratou a unha coreógrafa de Barcelona de orixe rusa, Marina Noreg, para traballar nas partes de danza de Castelao e a sua época. Marina Noreg, chamada en realidade Marina Goubonina, nacera en San Petesburgo en 1902 nunha familia zarista. Fíxose bailarina e coreógrafa profesional, unha actividade que alternou coa espionaxe ao servizo da Rusia Soviética en Noruega. Pero ao inicio da II Guerra Mundial cambiou de bando, e segundo documentos desclasificados en 2010 da intelixencia británica, pasou información moi valiosa aos nazis que provocou a caída de Noruega en mans de Hitler e o exilio do rei a Gran Bretaña. Este foi o evento que propiciou a caída do primeiro ministro británico Neville Chamberlain e a subida ao poder de Winston Churchill.
Seoane e Díaz Pardo participan na montaxe
Cartel do espectáculo deseñado por Luís Seoane. Fondo: Fundación Luís Seoane
Previamente, Ricard Salvat viaxara a principios de 1969 con tres dos estudantes do CITAC ata Lugo para atoparse con Xesús Alonso Montero e preparar a documentación, así como para visitaren no museo provincial os obxectos vinculados a Castelao. Na volta para Coímbra, pararon en Vigo para reunírense con"antifranquistas"galegos. Nese encontro coñecerán a Luís Seoane e a Isaac Díaz Pardo. Eles van ser os responsables de crear o cartel, as escenografías, os vestiarios e as máscaras da obra, aínda que segundo confesou Isaac Díaz Pardo a Antonio Iglesias, foi Seoane o que se implicou máis na produción. O cartel de Seoane é un collage que inclúe unha caricatura de Seoane e diferentes fotografías nas que se poden apreciar por unha banda militares, unha xuntanza de alta sociedade e un neno tapado pola frío, revelando o sentido político da obra.
Nesta carta do 25 de marzo de 1969 Ricard Salvat pídelle a Luís Seoane "Discos, crónicas, libros dos poetas máis importantes, todo aquelo que poida dar sabor de época [ver completa] Fonte: Epistolario entre Ricard Salvat e Luís Seoane. Consello da Cultura Galega.
O epistolario que se pode consultar no web do Consello da Cultura Galega permite apreciar o intercambio epistolar vinculado a este proxecto e como Ricard Salvat e Luís Seoane conservarán despois a amizade en futuras colaboracións.
Un turbulento final inacabado
O proxecto de Castelao e a sua epoca atopouse de fronte coa maquinaria de censura do Estado novo. "Eles tentaron todos os trucos posibles para que pasara o filtro", asegura Antonio Iglesias, "meten textos de Salazar, do Patriarca de Lisboa...". Na copia gardada nos arquivos da PIDE na Torre do Tombo de Lisboa o investigador puido analizar os fragmentos marcados como problemáticos pola censura. "Hai un pouco de todo: cuestións relixiosas, visións de clase, esquerdismo, defensa da periferia fronte o centralismo...pero sobre todo é un texto altamente antibelicista", sinala o autor, que na súa tese amosa algunhas das páxinas coas acotacións da censura. "Ese é o principal tabú na arte portuguesa da época. Porque a guerra colonial está esbaldeirando recursos económicos e é terrible. A obra fala da guerra de Cuba, e de como os pobres teñen que ir alá mentres os ricos quedan na casa". Salvat e os directivos do CITAC tentaron negociar en Lisboa ata o último momento a representación da obra. "Chegaron mesmo a citar a Manuel Fraga, que sendo ministro franquista permitiu a representación de partes da obra en Madrid", afirma Iglesias. Pero a censura non deu o brazo a torcer.
A madrugada do 23 de abril de 1969, o día da estrea, a policía entrou no domicilio de Salvat en Coímbra, detéñeno e levárono a comisaria, para despois ser expulsado a Badaxoz coa orde de non poder volver entrar en Portugal. "Non está claro se o expulsaron para impedir a estrea da obra como tal", comenta Iglesias, "xa que o mesmo día tamén botaron ao director do teatro universitario da cidade. Creo que o que querían era máis ben descabezar os grupos de teatro do estudantado".
Salvat no nacemento do teatro profesional galego
Pero os vínculos entre Ricard Salvat e Galicia non rematarán aí. Posteriormente, Alonso Montero presentaralle a outros intelectuais galegos como Eduardo Blanco Amor, quen colaborará en Barcelona con Salvat na adaptación de obras de Lope de Vega ou como profesor de dicción. Isaac Díaz Pardo participou como figurinista e escenógrafo na montaxe dun Valle-Inclán dirixido polo catalán en Barcelona.
Ricard Salvat fala sobre O incerto señor don Hamlet. Fondo: Arquivo Sonoro de Galicia / Consello da Cultura Galega
E Salvat continuará moi ligado ao nacemento do teatro profesional e independente galego. Participou nas primeiras mostras de teatro de Ribadavia, organizadas pola Asociación Abrente, e que serían o punto de partida do teatro galego moderno. Fomou xa parte do xurado en 1973. Canda conferencias e interpretacións que se foron sucedendo entre os 70 e os 80, un dos vínculos máis destacados de Salvat co teatro do país foi a dirección, en 1991, de O incerto señor don Hamlet de Álvaro Cunqueiro producido polo Centro Dramático Galego. Sería a última colaboración con Galicia dunha figura xa lendaria do teatro europeo da segunda metade do século XX.