As académicas da RAG abordan a necesidade de incrementar a presenza feminina na entidade

Nestes momentos hai tres postos vacantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Son só catro mulleres de trinta postos que ten a Real Academia Galega. Por iso, as académicas esixen unha maior presenza feminina nesta institución e sobre todo agora, que hai tres postos vacantes (por mor dos pasamentos de Antonio Gil Merino, Francisco Fernández del Riego, Olga Gallego e Franciso Javier Río Barja, ainda que unha praza está asignada a Henrique Monteagudo, pendente do discurso de ingreso). Así o publica hoxe Xornal de Galicia que informa que a petición de incrementar a presenza feminina é tamén por parte dalgúns académicos. En declaracións a este períodico, a académica Margarita Ledo considera que “hai que facer unha reflexión profunda; non é só unha cuestión de paridade, ten que ver coa importancia que se lle dea á paráctica da igualdade”.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olga Gallego, Henrique Monteagudo, Francisco Fernández del Riego, Igualdade...