Logo do verán, a Real Academia volta ó traballo mañá cunha xuntanza da que sairá o nome do novo académico que ocupará un dos catro asentos vacantes na institución. Francisco Fernández del Riego, actual presidente, marcou un ritmo de xuntanzas mensuais coas que pretende deixar pechado o proceso de renovación antes da súa marcha, que se producirá previsiblemente en novembro. Ademais, a xuntanza de mañá suporá o primeiro contacto directo dos membros da Real Academia coa proposta de modificación da normativa do galego proposta polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e as tres universidades, aínda que esta presentación farase fóra da orde do día.
Renovación
Cando hai catro anos Francisco Fernández del Riego substituiu a García-Sabell á fronte da Real Academia Galega, anunciou a súa intención de promover unha apertura da institución á sociedade e de renovar a súa composición cubrindo as vacantes con xente nova. Este desexo de renovación foise vendo cos ingresos de Xohana Torres, Xosé Neira Vilas, Francisco Fernández Rei ou Xosé Luis Méndez Ferrín.
O compromiso renovador de Del Riego amosouse de novo cando en marzo anunciou a súa vindeira renuncia ó seu cargo coma presidente para deixar sitio a novas xeracións de académicos.
Este outono, e coa premisa "catro reunións, catro incorporacións", a Real Academia decidirá quen ocupa as catro cadeiras vacantes que aínda ten. Para decidir os candidatos, a RAG atenderá á necesidade de incorporar máis mulleres, xa que só hai tres na academia; a busca de membros máis novos "para non converter a Academia nun friso de senectos" segundo Del Riego, a incorporación de persoeiros de campos diferentes do das letras.
Candidatos
O sábado coñecerase o nome dun novo membro da Real Academia Galega. Ente os candidatos que se barallan, soa con forza o nome de Francisco Díaz-Fierros, profesor de Edafoloxía da Universidade de Santiago, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e vencellado ó novo Seminario de Estudios Galegos. Onda el, outros persoeiros da cultura coma Rosario Álvarez, filóloga coautora da "Gramática da lingua galega", Lois Tobio, premio das Artes de Galicia, ou o escritor Camilo Gonsar. O poeta chairego Manuel María é un candidato do que se fala na Academia para futuras incorporacións.
A normativa e outros temas
Segundo sinala hoxe "El Correo Gallego", a xuntanza de mañá servirá tamén para que os académicos tomen contacto directo coa proposta de reforma da normativa do galego que propoñen o ILG e os departamentos de galego das distintas universidades.
A presentación da proposta iría a cargo de Antón Santamarina, Francisco Fernández Rey e Manolo González, os tres membros do ILG presentes na Academia, e realizaríase fóra da orde do día. De calquera xeito, e segundo anunciara Del Riego, a discusión sobre as modificacións da normativa realizaríase nunha xuntanza extraordinaria que se celebrará, segundo é a súa intención, cara a outubro, e da que sairá a resolución da Academia aprobando ou non as modificacións.
Ademais da discusión sobre as modificacións na normativa, a Real Academia ten pendentes para este novo curso a lectura dos discursos de ingresos de Xohana Torres e de Xosé Neira Vilas. Por outra banda, continúan en marcha os traballos para a elaboración dunha ampla gramática e dun novo e completo diccionario.