O Quiñones de León reabre ao público como museo da cidade de Vigo

A exposición Nacemento dunha cidade servirá de carta de presentación da nova etapa

O vindeiro 25 de febreiro ábrese unha nova etapa no pazo Quiñones de León. Despois dunha fonda remodelación física, o edificio reabre ao público como museo de referencia para a historia da cidade de Vigo. A exposición coa que se concreta ese cambio leva por título Nacemento dunha cidade exhibirá en oito salas 110 pezas que farán un percorrido do primeiro centenario de Vigo como cidade. Cadros, mapas, retratos, libros… e ata un dos canóns da Laxe son algún dos obxectos que se ensinan xunto cos planos que permiten a evolución urbanística da cidade.

Ligazóns