O Parlamento apoia declarar Ano Asorey o 2011

A cámara ínstalle ao goberno a darlle carácter galego á celebración, promovida polo Concello de Cambados

3/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A celebración este 2011 do Ano Asorey promovida polo Concello de Cambados, recibiu onte o apoio da Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia. Os grupos representados acordaron instar á Xunta e á Consellaría de Cultura a apoiar esta conmemoración e darlle carácter galego á mesma. Ademais, animan ao Goberno a que procure captar fondos do Ministerio de Cultura para celebrar esta efeméride, que conmemora o cincuentenario do escultor. Rosa Oubiña, representante do PP na Comisión, sinalou que é intención do seu grupo que a celebración se estenda fóra do noso país e mesmo chegue a hispanoamérica, onde o artista desenvolveu boa parte do seu traballo.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asorey, Concello de Cambados, Cambados, Parlamento de Galicia...