Hai quince días abría oficialmente ao público a Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura. Un complexo que a Xunta estima que tardará un par de décadas en encher de fondos. Así o asegura hoxe La Voz de Galicia que fai un reconto dos volumes e das partidas de publicacións que se mercaron para este fin. O historial de compras arrinca cos 620.000 euros que se gastaron na época de Pérez Varela, as mercas do departamento de Ánxela Bugallo, e o investimento de Roberto Varela (desde a súa chegada investiou 110.000 euros máis a taxacións pendentes de varios fondos).