Os Gourmand World Cookbooks Awards son os máis importantes premios de libros sobre gastronomía do mundo, considerados como os Óscars do xénero editorial agroalimentario. Para a edición de 2011 a asociación organizadora ven de seleccionar, entre os libros editados en España no ano 2010 once obras xurdidas da nosa edición.
Así na categoría de obras en lingua galega están , en diferentes sub-categorías Peixes e Mariscos. A cociña do mar, de Mariona Quadrada, editado por Baía Edicións; Santiago(é)tapas. Libro de receitas, coedición do Consorcio de Turismo de Santiago e Baía Edicións; Guía Secreta da Gastrononía de Galicia-Ourense, de Martín Álvarez en Alvarellos Editora; do mesmo escritor O Barquilleiro, Vendedor dOlvido, publicado por Toxosoutos; A Rosa do viño de Xavier Castro editado por Galaxia; A Mesa e manteis, tamén de Xavier Castro para Biblos; en dúas categorías estará o libro Castaña Patrimonio Gastronómico editado por A Rexidora e polas súas fotografías o libro de Xurxo Lobato publicado por Xerais No país das vacas. Xa dentro da sección de libros en castelán tamén hai presenza galega a través das obras Nicolás Cocina sin Fuego editada por Kalandraka; Caney, de Xurxo Fernández editada polo restaurante compostelán do mesmo nome; e La Cocina de Benigno Campos publicado en castelán por Everest. Todos eles competirán nas súas categorías con outros países e polo prestixioso Best in the World, nun certame que se celebrará o vindeiro 3 de marzo de 2011 en París. A gastronomía galega xa estivo presente con importantes premios en anteriores edicións con libros de Flavio Morganti (editorial Everest) e Martín Álvarez (Alvarellos Editora).