Descende a edición en galego en 2011

A baixada oscila entre o 5,22% e o 16,3%, segundo a fonte

2/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O 2011 foi un mal ano para a edición en Galicia e en Galego. Así o sinalan os informes Comercio Interior del libro en España 2011, da Federación de Gremios de Editores e mais e El sector del libro en España 2010-2012 do Observatorio da Lectura e do Libro. O director de Xerais, Manuel Bragado, recolle no seu blog unha análise dos datos presentados, que revelan que a edición na nosa lingua minguou un 16,3% (de 2.544 a 2.130 títulos) segundo o informe de comercio interior, mentres o do Observatorio cifra o descenso nun 5,22% con 1.922 títulos editados o pasado ano.

A nivel de produción editorial, independentemente da lingua, no noso país a edición diminuiu un 28,8% no último ano, pasando de 4.754 títulos en 2010 a 3.384 en 2011.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Bragado, Editores, Lectura, Federación de Gremios de Editores

Claves

Protagonistas
Conceptos