A BD conquista novos espazos na rede

Blogs, redes sociais e espazos de reflexión incrementan a presenza da novena arte na Internet galega

Páxina de <i>El pozo negro</i> de Víctor Roca
Páxina de El pozo negro de Víctor Roca
Frankesten Manor é o nome do blog no que Maza e RuAn están a publicar as tiras cómicas da serie homónima, unha versión humorística de clásicos do terror universal. De xeito semellante, tamén no blog Glastnost podemos ver os traballos na novena arte de Chema Santos Vila, mentres en El pozo negro asistimos á evolución do traballo de Víctor Roca na realización dun álbum. Outro autor, Jaime Eizaguirre, compila en Arquicomics imaxes sobre a representación da arquitectura na novena arte. Para rematar, usuarios da rede social Redelibros botaron a andar un grupo centrado na BD, que conta xa con 63 membros e desenvolve unha intensa actividade de crítica e intercambio de referencias.