Novos autores publican bandas deseñadas na rede

Pepe Mansilla, Jaime Eizaguirre ou o web Golfinia, súmanse ás edicións electrónicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Tira de La vida de los gorriones de Ana López e Jaime Eizaguirre

Tira de La vida de los gorriones de Ana López e Jaime Eizaguirre

Logo de ter publicado unha obra íntegra na rede, Pepe Mansilla continúa a apostar por Internet para difundir o seu traballo e ten en marcha o blog Paradiños. Promocionado como A única tira con máis de 200.000 protagonistas o web permite ler unha serie de tiras cómicas centradas nas situacións do paro. Pola súa banda, Jaime Eizaguirre continúa tamén a apostar pola rede e no blog Ana+Eiza desenvolve canda a Ana López diferentes series de humor gráfico e BD como Cucas, ratas y rulas, La apasionante vida de tus dientes ou La apasionante vida de los gorriones. Canda a eles, Golfinia o novo web dedicado ao personaxe Golfiño, achega diferentes historias curtas do personaxe de Fausto Isorna. Pola contra, a publicación por entregas da serie Vacaciones en la batea, de Mariano Casas queda adiada e retomarase nun único pdf para a libre descarga. Para rematar, Xastriño, colaborador habitual da sección BD de Culturagalega.org, ten en marcha no seu blog o proxecto 365, no que vai publicando ilustracións, cadriños e algunha BD ocasional.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fausto Isorna, Mariano Casas, Humor, Golfiño...

Claves

Entidades