Novos autores de BD autoeditan os seus traballos

Pepe Mansilla e Cristian Fojón incorpóranse á nómina de creadores galegos

30/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
49 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de Torpe non, o seguinte de Pepe Mansilla

Torpe non, o seguinte é o título da banda deseñada que Pepe Mansilla acaba de publicar no seu blog para libre descarga. A obra, de sete páxinas en branco e negro é un percorrido humorístico polo traballo no sector audiovisual galego. O autor presenta na súa páxina outras obras de novena arte e de humor gráfico. Pola súa banda, Cristián Fojón presentou a comezos deste ano Salustio en Norteamérica a terceira entrega das aventuras deste personaxe que xa vira publicados, en fotocopias, os volumes Os marcos e mais Construcción en rego torto a finais de 2010. Os traballo de Fojón, aínda que ambientados en Galicia están fortemente influenciados polo manga e lense no sentido do cómic xaponés.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas