Santiago acolleu onte a entrega dos premios de arquitectura galardoados polo Colexio de Arquitectos de Galicia. Unha nova edición que este ano premiou a trinta profesionais por tres categorÃas: edificios de nova planta, rehabilitacións e decoración e interiorismo. Máis lonxe, en Madrid, a Orde da Vieira acaba de nomear a Xaima Isla Couto, a Editorial Galaxia e á Semana Verde como os galardoados "Trofeos Galeguidade 2001". Uns premios que se outorgarán o vindeiro 9 de marzo.
Premios de arquitectura
Uns trinta profesionais de toda Galicia recibiron onte os seus galardóns correspondentes ós IX Premios de toda Galicia. Tres premios, un a un edificio de nova planta que recaeu no equipo formado por Xoán Xosé Creus, Covadonga Carrasco, Manuel Coira e Carlos Linares polo seu proxecto en Lamas de Prado, na provincia de Lugo; outro premio, o de Rehabilitación recaeu no arquitecto coruñés Antonio Amado polo traballo de restauración do albergue de peregrinos de Redondela, quen tamén recibiu un dos áccesits pola creación do Centro de Saúde de Cariño (A Coruña); ademais, o premio de interiorismos e decoración recaeu en Isarri e Piñeira.
Galeguidade 2001
A enxebre Orde da Vieira, a asociación que integra a máis de 2.000 galegos en todo o mundo, acaba de fallar os seus premios "Trofeos galeguidade 2001". Este ano, coincidindo coa celebración do CapÃtulo Xeral premiará a Xaime Isla Couto a tÃtulo indiviual; a Editorial Galaxia, como medio de comunicación; e a Xosé Maril Sánchez o presidente da Fundación Semana Verde de Galicia polo éxito da súa Feria Internacional e o conxunto de traballo desenvolvido durante varios anos na prmoción galega dentro e fóra das fronteiras españolas. Os premios entregaránse o vindeiro 9 de marzo en Madrid, dÃa no que o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez e o Vicepresidente primeiro do Goberno, Mariano Rajoy, entre outras moitas personalidades entrarán a formar parte deste colectivo.