O PEN Clube reclama que Galicia sexa convidada na feira do Libro de Guadalajara

O colectivo de escritores tamén reivindica a candidatura de Méndez Ferrín ao Premio Nobel

A asemblea do PEN Clube, que se celebrou onte en Compostela, acordou reclamarlle á Consellaría de Cultura que traballe para que Galicia sexa o país convidado na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara. O colectivo sinala que "non podemos rexeitar unha oportunidade como esta". Ademais, a agrupación de autores reafirmou o seu apoio á candidatura de Xosé Luís Méndez Ferrín ao Premio Nobel de Literatura. Do mesmo xeito, o PEN celebrará o vindeiro 21 de xaneiro o ciclo Oficio de Escritor con Salvador García-Bodaño como protagonista, e prevé un ciclo de narradores para 2011 co título Narrativa temática, así como continuar coa publicación Arte de trobar e lanzar un novo boletín en inglés sobre as nosas letras.