O Icomos súmase ás denuncias sobre a situación do Camiño de Santiago

O polígono do Pino e o teleférico ao Gaiás son algunhas das ameazas que recolle este organismo

29/12/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Consello Internacional de Monumentos e Sitios (Icomos), sumouse ás denuncias que se están a suceder ao longo do último mes sobre a situación do Camiño de Santiago. O organismo internacional faise eco así da reclamación presentada pola Asociación de Amigos do Camiño, que lle solicitou á UNESCO a inclusión do roteiro na lista de bens patrimoniais en perigo. Entre as diferentes agresións que sufre este ben, ICOMOS destaca en Galicia o polígono do Pino, o proxecto do teleférico ao monte Gaiás, en Compostela, ou a construción de barracóns no Monte do Gozo.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Gaiás, Pino, UNESCO...