TVG recupera a información local na súa programación

As emisións volverán ser diarias a partir do día 3 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Por mor dunha reorganización levada a cabo nas delegacións informativas da CRTVG” a Televisión de Galicia volverá incluír a información de proximidade na súa grella informativa. Así o explica a empresa a través dun comunicado no que ademais explica que durante a época de Nadal a información reducirase a un Informativo Local de quince minutos de duración, que coordinará o xornalista Xosé Durán e se emitirá os sábados ás 14:00 horas. A partir do día 3 de xaneiro, a periodicidade deste tipo de formatos volverán ser diarios. O novo informativo local pasará a emitirse antes do “Galicia Noticias Tarde” ás 20:00 horas.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Durán, Xosé Durán, Nadal, CRTVG...