O cinema de Murnau e Luis Miñarro protagonizan os ciclos de 2011 do CGAI

Tamén haberá oco para a produción recente a cargo da Escola de Berlín

28/12/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosaudiovisual
27 lecturas | Compartido 0 veces

É un produtor arriscado, coñecido entre o público galego porque xa ten estado no CGAI, porque este ano Cineuropa lle dedicou unha retrospectiva e porque da súa tarefa saíron títulos como Cosas que nunca te dije de Isabel Coixet. Luis Miñarro é un dos nomes propios nos que se centrará o CGAI na súa programación nos primeiros meses de 2011. Canda el haberá sitio para os cineastas xurdidos ao abeiro da Escola de Berlín, unha das canteiras máis suxestivas da produción recente no que hai nomes como Angela Schanelec (Nachmittag) ou Benjamin Heisenberg (Schläfer). De Alemaña tamén chega outro dos grandes nomes Friedrich Wilhelm Murnau, un dos máis influíntes directores do cinema mudo.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, CGAI, Berlín, Cineuropa...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares