“É a nosa historia cinematográfica con nomes propios” afirmou Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación, na presentación do Dicionario do cine en Galicia 1896-2008. Unha reedición revisada e ampliada da obra editada polo CGAI no 2001 baixo a coordinación de José LuÃs Cabo e Miguel Anxo Fernández. Este último apuntou na presentación que a publicación conta con 400 voces entre actores (a súa inclusión é a principal novidade), técnicos, directores e cineclubismo, sempre relacionado co 35 milÃmetros. “Non hai curtametraxistas porque pensamos que pode ser un volume á parte” anunciou Miguel Anxo Fernández. Ademais, o dicionario incide no papel da CRTVG como centro no que iniciaron a súa carreira boa parte dos autores recollidos no texto. A publicación está editada polo Foro Galego do Audiovisual, formado pola Fundación Caixa Galicia e o CGAI.