A Xunta paraliza as obras no contorno do templo da Veracruz

O goberno agardará a que haxa consenso sobre a actuación para as retomar

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As polémicas obras de acondicionamento que se están a realizar no contorno do templo da Veracruz, no Carballiño, están paralizadas. A Consellaría de Medio Ambiente acordou agardar a que se produza un consenso entre os grupos representados no Concello para retomar esta actuación, que provocara amplas protestas entre os veciños. Na actualidade, o principal debate está na titulariedade dos terreos afectados, que o arcebispado reclama como da súa propiedade, así como no impacto visual dun muro previsto no proxecto.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente, Carballiño

Claves

Lugares