Malia a que contan coa autorización de Patrimonio, as obras de urbanización que se están a realizar no contorno da Igrexa da Veracruz do Carballiño non deixan de erguer polémica. Onte mesmo, un milleiro de veciños da vila concentráronse convocados pola Plataforma Cidadán en Defensa da Veracruz para denunciar que o proxecto contradà o espÃrito co que o arquitecto Palacios deseñou o templo. A obra actualmente en marcha prevé recrear un cemiterio tradicional galego co formigón como principal elemento.