A ampliación da autoestrada en Compostela afectará a patrimonio cultural

O Camiño de Santiago, un castro e un depósito están nas proximidades das obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Secretaría de Estado de Cambio Climático eximiu a empresa Audasa de realizar estudio de impacto para a amplicación da autoestrada AP-9 ao seu paso por Compostela. As obras, no entanto, afectarán a patrimonio cultural destacado, coma o propio Camiño de Santiago, que xa atravesa na actualidade o trazado da vía. Tamén se traballará nas áreas de protección do Castro de Santa Lucía e o depósito arqueolóxico do Monte da Tenencia. O Ministerio de Medio Ambiente solicita realizar un estudio específico sobre como se poden ver afectados estes bens.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Arqueoloxía, Santiago de Compostela