Un informe establece que o AVE Vigo-Ourense afecta a 40 bens patrimoniais

Trátase dun estudo informativo de Cultura no marco da análise do impacto ambiental

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Pontes, camiños, hórreos, cruceiros e dous tramos da ruta portuguesa do Camiño de Santiago. Ata un total de 40 bens patrimoniais se verán afectados polo trazado do AVE entre Vigo e Ourense. Así o establece o informe que a Consellaría de Cultura lle remite hoxe ao Ministerio de Medio Ambiente. Un dos múltiples documentos que se achegan na memoria ambiental, e partir dos que o Ministerio deberá establecer o trazado definitivo. Será nese momento cando Cultura deberá volver pronunciarse sobre o grao real en que se ver afectado o patrimonio galego.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Camiño de Santiago, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)