Os veciños de Angueira de Castro solicitaron ao Consello da Cultura Galega en decembro do ano pasado un informe sobre o impacto no patrimonio cultural da liña de alta tensión Lousame-Tibo, que pasarÃa ao carón da aldea de Angueira de Castro, na parroquia de Santa Mariña de Ribasar (Rois, A Coruña). A liña atravesarÃa o Camiño de Santiago, pasarÃa ao carón dun conxunto de petróglifos e nas inmediacións do Castro Lupario, un significativo xacemento arqueolóxico con orixes na Idade do Ferro asociado desde hai varios séculos á lenda da traslación de Santiago Apóstolo como morada e pazo da mÃtica RaÃña Lupa. O informe elaborado pola institución considera que o trazado proxexctado "deberÃa rexeitarse e que se deben estudar outras alternativas de trazado da liña de alta tensión que permitan preservar na súa integridade esta paisaxe cultural, buscando ademais alternativas de cruzamento co Camiño de Santiago que permitiran o soterramento da liña no ámbito do seu territorio histórico". O informe do CCG pon moita énfase na idea de paisaxe cultural: "non se pode ter en conta só os elementos patrimoniais localizados e singularizados, senón o conxunto de todos eles, mediante as interrelacións e sinerxÃas que os unen no mesmo espazo acoutado, que conforman unha paisaxe singular e un conxunto histórico indisoluble". Para iso, o CCG identificou catro elementos ou conxuntos patrimoniais: o Castro Lupario, a aldea de Angueira de Castro, o Camiño Portugués de peregrinación a Santiago, o conxunto de gravados rupestres Angueira/Castro Lupario, con categorÃa xenérica de BIC, e o pazo do Faramello.