“Trátase de que as universidades e o mundo empresarial poidan traballar conxuntamente”asegurou Javier Guerra, conselleiro de EconomÃa e Industria, ao presentar o Plan de I+D+i que a Xunta aprobou no consello da Xunta do pasado xoves. Para conseguir este obxectivo, crearán unidades de colaboración que unificarán o traballo do ámbito universitario co do mundo empresarial. Destinarán a este programa 1.200 millóns en cinco anos, case un 50% que o plan anterior, e conta con cinco retos (captación, formación e retención do talento, impulso á mobilidade), dez eixes de actuación e 11 liñas sectoriais.