Manuel Rivas eliminará o topónimo Brétema da súa última novela Todo é silencio

Evita o conflito con Marina Mayoral quen utilizara o mesmo nome en varias das súas novelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Brétema é un nome moi frecuente na literatura galega. O editor Manuel Bragado mantén un blog en internet que se chama así e o escritor Manuel Rivas acaba de usalo na súa última obra, Todo é silencio. Pero Marina Mayoral leva usándoo como lugar no que ambienta as súas novelas desde 1979, por iso manifestou públicamente o seu recelo cando veu que Rivas empregaba o mesmo topónimo na súa novela. O escritor, para evitar conflictos con esta autora coa que comparte editora en castelán (Alfaguara), acaba de anunciar que substituirá o topónimo nas próximas edicións.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Marina Mayoral, Marina Mayoral, Marina Mayoral...