Pendente da adaptación cinematográfica do seu maior éxito de vendas, "O lapis do carpinteiro", Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos autores galegos contemporáneos máis coñecido e querido polo público. Escritor e xornalista, Rivas defende un xeito de facer narrativa baseado na experiencia e nos sentidos. É o que el chama o partido da vida fronte ás historias expostas desde o punto de vista da historia.
-¿Cales son as características que busca nunha historia á hora de decidirse por convertela nun relato? ¿Onde busca estas historias?
Resulta moi difícil referenciar onde exactamente están os mananciais dos que bebe a miña obra. Moitas veces é algo inconsciente, son impulsos que resulta moi difícil saber de onde proceden. Ás veces teño a impresión de que levas dentro de ti alguén, unha voz, que che vai contando a historia, que che impulsa a escribila. Desde logo o que non se debe facer é un apriorismo. Nunca podes decidir en primeiro lugar sobre que vas escribir. Por outra banda, hai que ter en conta que ti naces nun contexto, nunha unidade e iso marca mesmo ás obras que máis arredadas poidan parecer dun momento histórico concreto. Penso que a situación en que se escribe sempre marca a obra pero o que ocorre é que na literatura non hai un tema, non hai un camiño trazado con anterioridade nin hai unha conclusión. Creo que o fracaso da literatura vén cando se escribe dun xeito moi semellante ao histórico. A historia é outra cousa, é unha forma de coñecer a realidade, pero desde un punto de vista que a min non me interesa. A mirada intimista, a viaxe ao lado escuro da alma é, na miña opinión, o mellor camiño que pode escolle-la literatura.
A VIAXE AO LADO ESCURO DA ALMA É O MELLOR CAMIÑO QUE PODE ESCOLLE-LA LITERATURA
- Os seus relatos sitúanse moitas veces en universos próximos: Santiago, A Coruña, ¿séntese máis cómodo coas historias achegadas e coñecidas?
Para min resulta máis doado escribir na propia aldea. Pero non porque teña unha vocación localista senón xustamente polo contrario. Había un filósofo polaco que dicía: "eu son un escritor moi rexional; o meu tema é o mundo". Para min é igual. Fronte á perspectiva de escribir eu creo moito nos sentidos, nas sensacións. Coas miñas novelas o que quero é tomar o que eu chamaría o partido da vida fronte ao partido da historia. Non me interesa contar un feito histórico, cando e como se produciu unha guerra. Eu levo adiante un combate contra a historia, contra as historias contadas, expostas. Non quero falar do amor, como o podería facer un anuncio publicitario senón que me interesa desde o momento en que existen dúas persoas que están namoradas, que poden sentir. O que eu quero é encarnar eses sentimentos e concretalos. A priori non podes decidir que vas escribir sobre o mar ou sobre a emigración xa que só cando tes os personaxes é cando podes dicir que a túa novela acaba de nacer. Son eles os que fan posible que a túa historia exista, cando os atopas, cando a alma é o mesmo que a carne, cando consegues romper ese dilema para sempre.
- A procura da alma, do lado máis intimista do ser humano, é o eixo central de Ela, Maldita alma, ¿camiña a súa literatura cara a unha progresivo afondamento na busca do humano?
Os chanzos que percorrín coas obras anteriores leváronme nesta dirección, non sei se cualificala de afondamento. En todo caso, este camiño de interiorismo non ten un carácter narcisista, non é unha mirada baseada só na propia experiencia. Moitas veces un descobre cousas de si mesmo e aprende a coñecerse a través da observación daqueles que o rodean. O que pretendo con Ela, maldita alma é atoparlle un sentido a palabras que ao longo do tempo foron baleiradas de significado. Son termos, como o da alma, que quedaron como disecados e esquecidos. Este creo que é un dos labores máis bonitos que pode levar adiante a literatura, o de recuperar o sentido destas palabras, de darlles un sentido. O que me pasou nesta novela é que a alma foi saíndo en todas as partes, aínda que orixinalmente non era esa a idea que eu tiña do conxunto dos relatos. Pero estaba aí, un enigma, un misterio e ao longo da novela funlle atopando unha resposta, que non sei se é a mellor, pero é a miña. E curiosamente atopei esa resposta nas cousas máis pequenas, no máis insignificante. De xeito que aquela abstracción para min concretábase nunha guitarra eléctrica, na botella dun bébedo, nun loro anarquista. Para min foi un redescubrimento e por iso estoulle moi agradecido a este oficio porque desta vez ensinoume que nada é prescindible, que todo ten a súa importancia, o seu aquel, a súa alma.
- ¿Podería definir as características do Manuel Rivas xornalista e do Manuel Rivas escritor?
Penso que todo xornalista é un escritor, aínda que ás veces non se recoñeza como tal. O xornalismo ten moito en común coa literatura e, de feito, temos moitos exemplos na literatura galega nos que estas dúas facetas están presentes: Curros Enríquez, Castelao, Campoamor, Álvaro Cunqueiro..., son exemplos de harmonía, de constante mestura e transvase. Hai quen teima en establecer unha diferencia entre literatura e xornalismo, un foxo, como si o xornalismo fose algo diferente da escritura. Hainos tamén que cando dan o salto ás letras teñen como obxectivo distanciarse do traballo xornalístico, colocándose unha coroa de loureiro. Eu creo que esta é unha postura errada, creo que o futuro do xornalismo pasa tamén por facer boa literatura.
SEMPRE PUBLICO NUN PRINCIPIO EN GALEGO E, DURANTE MESES A OBRA SÓ PODE ATOPARSE NESTA LINGUA
- ¿Qué opinión lle merecen as adaptacións cinematográficas de obras literarias?
A min gústame moitísimo o cine xa que se trata dunha arte que, coma o xornalismo, está moi vencellada á literatura. Desde os mesmos comezos do cine son moitos os casos en que detrás dunha película había unha novela, aínda que tamén son moitos os exemplos de películas pésimas baseadas en boas novelas, e viceversa. En todo caso a min paréceme sempre unha aventura moi apetecible e que esperta o meu interese.
As adaptacións abórdoas con bastante ilusión pero isto débese a que a miña relación co cine nunca foi deshumanizada. Nunca se tratou de que alguén descoñecido quere facer unha película dun relato meu. No caso do conto A lingua das bolboretas eu tiña unha moi boa relación co director José Luis Cuerda e co guionista Rafael Azcona. Son persoas ás que eu admiro e confío no seu traballo. Pero o que é indubidable é que se trata dun traballo distinto ao meu e cunha linguaxe diferente en que é difícil acadar os mesmos resultados. Coa miña pluma eu facía voar ás bolboretas tantas veces como eu quería e cando a min me petaba pero para conseguir a secuencia na película fixo falla moito tempo porque as bolboretas non querían voar, non era o tempo axeitado. No caso da adaptación de O lapis do carpinteiro tamén estou preto do proxecto, coñezo a Antón Reixa e estarei alí, tratando de amolar o menos posible.
- ¿A traducción axuda á expansión no exterior dos autores da literatura galega?
Eu sempre publico nun principio en galego e, durante meses a obra só pode atoparse nesta lingua. No que se refire ás traduccións teño que dicir que toda a miña experiencia foi moi positiva e alentadora no que se refire a seguir escribindo en galego. Non coñezo a ninguén que lera unha obra en galego e logo dixese que prefería lela en castelán, pero si hai casos contrarios: moitos len as novelas en castelán e logo interésanse por coñecer a obra tal e como foi escrita orixinalmente. É máis, moitas persoas con algunha das miñas novelas leron por vez primeira un libro galego e incluso desde América téñenme solicitado un libro en galego porque tiveron a oportunidade de coñecer a obra pero quérena ler na súa lingua orixinal. Por iso creo que non se deixou de ler libro en galego polas traduccións, poida que ao contrario, xa que hai obras que teñen unha vida moito máis longa en galego que en castelán.
O OBXECTIVO FINAL É FACER COUSAS NOVAS, REMOVER A TERRA PARA QUE NELA POIDAN SEGUIR CRECENDO AS LETRAS GALEGAS
- Fágame unha panorámica do momento actual que están a pasar as letras galegas.
Desde o meu punto de vista hai neste momento un aspecto novo e esperanzador que non existiu noutros momentos da literatura en Galicia: o público. En Galicia sempre houbo grandes escritores e escritoras, como Rosalía de Castro, da que se ten feito un mito. Sen embargo, estes escritores sempre escribiron a contracorrente, sen o apoio de ninguén. Pero agora vívese unha situación distinta xa que en Galicia existe nestes momentos unha placenta, un medio cálido, un abrigo ao acubillo do cal medran os escritores galegos. O público abraza hoxe aos seus escritores e penso que iso é moi importante para a cultura sobre todo de cara a un futuro. En canto ás tendencias que se poden percibir na literatura galega eu só podo falar en canto a lector, máis que como parte do gremio. Neste sentido, teño que dicir que as mellores lecturas ao cabo do ano veñen da man de autores galegos. E son lecturas pracenteiras que logo agasallas con gusto, como toda cousa agradable coa que gozas e da que queres facer partícipe á xente que te rodea. Sobre tendencias estrictas o que podo dicir é que hai unha literatura clásica e que, a partir de aí, cada quen escolle o seu camiño, non creo que se poida escribir con etiquetas, é absurdo. O obxectivo final é crear, facer cousas novas e, sobre todo, remover a terra para que nela poidan seguir crecendo as letras galegas e creo que iso é o que se está a facer nestes momentos.