Xavier Queipo faise co premio San Clemente de novela

Tamén resultaron gañadores Marina Mayoral en castelán e Peter Stamm na categoría internacional

13/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Extramundi, de Xavier Queipo, foi a novela gañadora en galego dos prestixiosos premios San Clemente, que organiza o Instituto Rosalía de Castro en Compostela en colaboración con outros centros de Galicia e que concede o seu galardón a obras publicadas no ano anterior en galego, castelán e no ámbito internacional. Marina Mayoral fíxose co premio na categoría de castelán con Deseos e o suízo Peter Stamm, na de internacional, pola súa obra Sete anos. Os tres escritores acudirán a Santiago a recoller o premio.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xavier Queipo, Marina Mayoral, Marina Mayoral, Marina Mayoral...