A estrana desaparición de Esme Lennox é o título do oitavo libro recoñecido co Premio de Novela Europea Casino de Santiago. Maggie O´Farrel compón unha historia na que conta o paseo das convencións sociais e a complexidade dos lazos familares. Deste premio que cumpre oito edicións pasamos a outro galardón que se estrea no panorama literareio, o Minicontos de Outono, que concede o Pen Club e o xornal gratuíto De luns a venres (LV). A coruñesa afincada en París, Silvia Álvarez, fíxose con primeiro premio deste galardón que está dotado con 600 euros.