Rachel Joyce gaña o premio de novela europea Casino de Santiago

Entre os finalistas estaban Manuel Rivas, Ricardo Menéndez e Delphine de Vigán

A insólita peregrinaxe de Harold Fry é a novela vencedora desta edición do premio de novela europea Casino de Santiago. A autora é Rachel Joyce, unha coñecida ex-actriz, guionista e escritora británica coñecida por escribir obras dramáticas para a BBC Radio 4. Con este premio, a súa obra será traducida ao galego, editada por Galaxia e sumará un novo título á Biblioteca Compostela de Narrativa Europea. Joyce impúxose a Manuel Rivas, que presentou As voces baixas, a Ricardo Menéndez coa súa Medusa e a Delphine de Vigán por John Bancille e Nada se opón á noite. O premio Casino de Santiago, que naceu para promover o espírito da literatura europea, é elixido por un xurado divido en tres partes: un 30% do voto chega de lectores composteláns, un 20% os socios da propia entidade e o 50% restante, dun xurado integrado por representantes da diferentes institucións galegas. Ian Mc Ewan, Ana Gavalda, e Kazou Ishiguro foron algúns dos gañadores de anteriores edicións deste certame que cumpre 11 anos.