Jonathan Coe faise co Premio Novela Europea Casino de Santiago

O xurado recoñeceu a súa novela Expo 58

16/7/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Casino de Santiago, Ubaldo Rueda, anunciaban esta mañá o fallo do XIII Premio Novela europea que organiza a entidade compostelá. O xurado seleccinou a obra Expo 58, do británico Jonathan Coe como gañadora deste certame, fronte aos outros traballos finalistas, nesta ocasión O último día de Terranova, de Manuel Rivas; Cicatriz, de Juan Gómez-Jurado; Valor, de Clara Usón e A guitarra azul, de John Banville.

O xurado do galardón componse de tres seccións que fan a súa escolla entre cinco novelas da Unión Europea previamente seleccionadas por unha comisión de expertos. A sección A, cun peso do 30% na decisión final, está conformada por residentes, estudantes e persoas que desenvolvan a súa actividade profesional na capital de Galicia; a sección B, cun peso do 20%, inclúe todos os socios do Casino e a sección C, cun peso do 50%, está formada por representantes de distintos estamentos da cidade.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Juan Gómez, Valentín García, Política Lingüística...