David Trueba faise co Premio de Novela Europea Casino de Santiago

O xurado seleccionou a súa obra Tierra de Campos

2/7/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Premio de Novela Europea Casino de Santiago daba a coñecer onte o traballo que se impuxo na súa XIV edición. A novela Tierra de Campos do escritor David Trueba foi a seleccionada polo triple xurado, composto por veciños da capital, socios do Casino de Santiago e representantes de diferentes sectores sociais da capital galega e de distintos países de europa. Os traballos finalistas foron Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantxa Portabales; Perdón, de Ida Hegazi; Recursos Inhumanos, de Pierre Lemaitre, e Toda unha vida, de Robert Seethaler.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recordou que na súa vindeira edición o galardón parasá a chamarse Premio Novela Europea Camiño de Santiago e no mesmo participarán tamén as cidades europeas de Moscova, Berlín, París, Vannes e Viseu canda a outras tres españolas.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Valentín García, Política Lingüística, Camiño de Santiago...